A cegueira


Si, a adolescencia era coma un labirinto de vidro, pasaban os anos e podía ver que os outros ían topando a saída e comezaban a camiñar os carreiros adultos mentres eu batía unha e outra vez a cabeza coas paredes sen conseguir a porta 

finalmente, todo chega para quen non arrea, buscando encontrei uns labios suaves que me mostraron a saída e a entrada e xuntos, botámonos a correr pola estrada das paixóns, pasamos a nosa quenda de mañás de sexo e preguiza, baixo as doces sabas da luxuria eses anos de indolencia escorregaron como a auga polo sumidoiro á velocidade da vida nova 

viñeron outros de construcción e implementación de micro-imperios, semente, colleita, balados e árvores, pedra e raíz, terra e tallos verdes.

a nosa existencia é longa pero pasa rápido

despóis os beizos volveronse grades e arrincaronme a carne, deixaronme os osos ao vento e à xiada, levei o corazón arrasto polo asfalto, cheo de gravilla, esfolado, perdín até a última pinga do sangue da familia, foronse as estrelas da noite e as do dia, veu unha chuva de meteoritos, tiña os ollos pechados, aínda así arrincáronmos e bateronme no cráneo, parte dos miolos foi parar contra o chan, pisei neles, esvarei e xa nin sentín os golpes, pero seguía sendo un ser humano,

logo de teren ardido todos os carballos que plantara, logo de secar o pozo e a chuva aceda tornar amarelos os meus cabelos, quedou esa cousa pesada, escura, sólida, inmensa no meu estómago, no meu peito, imposible de gomitar, mátame, que non vexa como me cobre os pulmóns, que xa non sae por lado ningún, que me traga como un burato negro, que dobra o meu corpo hacia adentro e o aspira e xa non abrollan máis lágrimas disolventes, amor, berro amor! pero quero dicir bálsamo, quero dicir venda, quero dicir cobre todo isto, dime que me queres, que son un neno pequeno no colo dun xigante. Nin sequera sei se sigo sendo un ser humano, nin qué fallo houbo no meu sistema para ter chegado a este sufrimento.

Nós, pensei, os inadaptados… pero só fora unha falsa ilusión de sociedade, en realidade estaba eu só, que descargara unha versión errada da vida, e ésta estaba a me tentar abrir os ollos, facendo o seu traballo da única maneira que queda cando se busca refuxio, se viran as costas, se sobe a música e se deixan afora da porta os problemas. 

Cando foi a vez primeira que tiven conciencia de estar escapando da dor? Cando a primeira vez que me deixei arrolar pola anestesia da heroína? Como me pesa agora ter vivido enterrando, un home e unha pá, non quedaba espazo entre tanta terra removida. Unha mañá aparecín durmido no banco de poliéster dunha parada do vitrasa, cairon os dentes podres do esquencemento e non había máis que un mar de gasoil e plásticos no que estaba afundíndome, xa só quedaba inhalar o líquido, ficar inerte, cadaleito de bolsas do lixo, incorruptibel corpo do delito da cegueira.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu página web en WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: