Viña a noite cos seus cabalos aplastandoo todo, os cascos mazaban os ósos e era dor ata a chegada do mencer. Daquela polos buratos do día colabase a luz que ía facendo esquecer o ensordecedor berro da chegada dos xinetes.
Entón a luz volvia cubrir todo, pouco a pouco como un bálsamo, os cabalos seguían o seu galope, afastábanse, cada vez máis pequenos, máis lonxe ate seren case inaudibles. O sol vencíao todo, podías pechar os ollos baixo a sua calor, respirar os seus raios, silencio nos orificios da vida, recuperación, restablecemento.
Naqueles anos sabíase que viña a noite porque se escoitaba primeiro o balbordo de patas no chan empedrado e mais tarde o zunido insoportable, e os golpes e os laios, e as bágoas de sangue e os órganos desfacéndose baixo o peso do son negro lousa esmagador.
E tamén se sabía que marchaba a noite e volvía o pitido dos oídos a confirmar o espazo seguro que paseniñamente ía sendo creado polo barrido dos raios que tornaba o escuro en penumbra, e a penumbra en claridade, e a luz pasaba un pano que borraba o recordo, só quedaba esa esperanza da reconstrucción, sen tempo para repasar o concerto de dentes e uñas, de patas e pezuñas.
Os cabalos galopaban
Iso era antes
Agora os cabalos xa non marchan. Quedaron connosco, igual que a noite.
Agora, os buratiños do día pecháronse, non existe xa unha diferencia clara entre o amor e o sufrimento, hai luz e calor pero nalgunha outra parte, non sabemos onde. O sangue frío callado na pel non ten quen o seque. E a esperanza da mañá que no pasado fortalecia as extremidades doridas, hoxe nin é lembranza, nin existe ningún creador que a resucite. O tempo é unha xelatina vermella, os movementos fixeronse lentos, a vida case desapareceu por completo, pero aínda non quere a morte vir tornar este tormento.
Ce tant qui fout l’camp sans même garder de mémoire montre son mépris du temps…
N-L
Me gustaMe gusta
Merci de m’avoir laissé ton beau poème. Tu as été le premier à commenter dans mon blog et ça m’a fait vraiment plaisir bien que ce que j’écris dans ce post soit douleur et désespoir tes mots sont les bienvenus.
Me gustaMe gusta