Tundra

Camiño todavía
Sigo vivo
Anque xa esquecín o meu corpo
Baixo estas peles fedorentas
Preciso atención a cada paso
Nesta terra fría de lobos
E bidueiros
O chan estrado de osos brancos
De animais pequenos
Excrementos secos
E gómito recente
Periodicamente retorno
Decátome dos círculos
Coa sola fina das botas
Que meten auga
Roce, bocha, dor, coxeira
As pegadas criaron sucos
Recoñezo esas sombras
Mesmo na noite mesta
Desta terra ferida
A neboa ácida proeme nos ollos
A erosión rutinaria
Afunde en paredes a corredoira
Prisión de hamster
Eterna condea a volver
E a morte non me atopa
Tundra, bidueiro, lobo
Que lonxe me atopo
Do ser humano
Que xa a luz do sol non chega
E só o escuro me cobre
Noite, frío, dor, neve luxada
Esta enfermidade invisible
Co sorriso nos beizos
Agardando paciente
Non sei xa o que
O roce da miña alma
Nas paredes desta xaula
Esgota o derradeiro impulso
De salvarse, de rebelión
Só un organismo doente
Automaticamente segue
Xirando neste bosque frío
Onde o pensamento secou
Só o instinto mantén este peito
Coma agulla de reloxo
Movemento continuo
Sen obxetivo
Só a chamar desesperadamente
Pola morte
Que finalmente
Para este sapo tolleito
Non dá chegado
Non ven

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: