A miña balea azul

Naquela altura vivía eu preso nunha bahía estreita e crendo coñecer o mundo nunca vira máis cás costas gastadas, e era arrogante falando dos remotos fondos do océano como se tivese mil veces viaxado a eles e non fixera senon imaxinalos e darlles no maxín o tamaño e a forma do meu cativo universo.

Foi aí cando chegou a sua silhueta magnífica creando ondas que sacudiron as rochas da praia dende onde estaba sentado a mirar pasar as nubes. E sentínme embriagado polo olor a mar aberto que traía con ela, ademáis cando puiden acariñar a sua barriga de balea, de pel lisa e húmida, e verme arrastado agarrado á sua aleta dorsal, coa cola maxestuosa movendo tomeladas de auga que nos propulsaban cara ao meu descoñecido sentín unha emoción forte que non se borrou da memória malia o paso monótono dos anos que lavan e destinxen o traxe das lembranzas.

Anque zona intermareal me pareza un nome pouco poético é o máis axeitado para descreber o ecosistema da nosa relación. O territorio que queda cando o mar se retira lonxe e a terra medra avanzando océano adentro, terra nova, acabada de nacer aínda enchoupada de auga, onde as emocions e os corpos se encontran; nese mundo a estrear, unha poza de auga transparente con sabor a alga e sal, a tua boca, de nena que medrou de fronte ao horizonte azul, curando a sua pel co vento mareiro ata se converter en balea que navega na inmensidade sen fronteiras do Oceano Mare.

A miña balea que foi miña mentres pasaba.

Pasaron os meses dunha estación e paseniñamente íanse cumprir os da seguinte cando unha mañá mirei á redonda e non puiden atopar o chorro que me enchía o corazón. Pasei horas axexando o horizonte, crendo ver o retorno daquela columna de auga que viña a por min, a cargarme no seu lombo suave, cantarme louvores de fada e levarme alén de onde a miña mente acadaba a imaxinar.

Un día e outro trouxeron sol e chuvia, e cubriron de neboa o recordo do teu bufido, miña balea, miña porta esvaída. Seguíu esta tristura avanzando monótona como un tren de mercadorías, lonxe do mar e do teu recordo segue a vida polos raís por onde unha balea non podería nin en soños viaxar; asi avante continuei e probei mil vidas e mil infernos, e a estación dos cetáceos quedara no esquencemento, ata este mes de xullo no que voltou sair a flote. Só desexo que te atopes en augas frías e profundas e que non che falte o krill, e que o océano poida devolverche algo do que me deches. E sobre todo que conserves a tua fermosa voz, que lle puxo música aos meus textos inxénuos:  a tua boca instrumento máxico que ensalzou o mediocre e me abriu unha fiestra a outro mundo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Crea tu sitio web con WordPress.com
Empieza ahora
A %d blogueros les gusta esto: